A Policia Local de Ferrol detén a un varón de 54 anos por posesión ilegal de heroína

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Policía Local de Ferrol procedeu á detención e posta a disposición xudicial dun varón de 54 anos pola posesión ilegal de heroína en cantidades superiores ás que se poden interpretar para o consumo. Os feitos aconteceron a pasada noite cando unha patrulla localizou a un vehículo sospeitoso nas inmediacións da estrada de San Pedro. Nese momento os seus ocupantes ao darse conta da presenza policial inician a fuxida sendo interceptados pola patrulla uns metros máis adiante.

Os axentes municipais procederon á identificación dos ocupantes do vehículo e entón cando observan un paquete sospeitoso e ao abrilo identifican unha sustancia  parecida á heroína, feito que confirmaría un dos ocupantes, polo que tras proceder á lectura dos seus dereitos é posto a disposición xudicial por un presunto delito contra a saúde pública.

19 de marzo de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.