A piscina municipal de Brión saca un Abono Solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A piscina municipal de Brión vén de poñer en marcha unha promoción denominada “Abono solidario”, pola cal ata o vindeiro 14 de abril os novos abonados terán a matrícula gratis sempre que doen un quilo de comida ao Banco de Alimentos. Deste xeito, o novo abonado colaborará coa iniciativa “Brión Solidario” e, ao mesmo tempo, aforrará os 20 euros correspondentes á matrícula.

O Concello de Brión puxo en marcha a campaña “Brión solidario” a finais de 2012, pensando especialmente na campaña de Nadal pero a extraordinaria resposta solidaria dos veciños, das asociacións e das empresas de Brión propiciaron que o proxecto de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio se convertera nunha cadea de solidariedade alimentaria que funciona todo o ano. Un proxecto do que se benefician directamente máis de sesenta veciños e veciñas de Brión.

25 de marzo de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.