A `Operación Quilo´ en Sar deixa aos máis solidarios entradas a 9 euros para o encontro fronte ao Gipuzkoa Basket
O partido do próximo sábado, no Fontes do Sar, fronte ao Gipuzkoa Basket –20 horas sen TV–, foi elixido para levar a cabo a Operación Quilo, unha recollida de alimentos solidaria impulsada polas penas do club e coa colaboración do propio Rio Natura Monbus, do Gipuzkoa Basket, de Dimonorte, concesionario oficial da entidade galega e de Enfios, provedor oficial de vestiario.
Desde as penas e desde Cruz Vermella lembran a importancia de priorizar necesidades, por iso focalizan a iniciativa en produtos como aceite de oliva, leites, zumes, cacao en po ou conservas de todo tipo.
O prezo das entradas é de 9 euros (en Tribuna 2) para calquera afeccionado que durante a semana achéguese ás oficinas do club ou á “Miudiño Store” a comprar o seu pase ao encontro traendo o seu donativo á causa, que será recolleito posteriormente pola Cruz Vermella Santiago para a súa repartición entre os usuarios do proxecto “Alimentos para a solidariedad”. O horario de apertura é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas na oficina (Multiusos do Sar) e de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 na tenda “Miudiño Store” (local Blusens de Área Central).
Por outra banda, o propio día do partido continuarase coa recollida no hall de entrada. Calquera poderá realizar a súa achega nese momento e recibirá a cambio unha rifa para o sorteo de diversos produtos, como entradas para o enfrontamento Rio Natura Monbus – Valladolid, unha camiseta Tonecho Limited Edition autografiada polo persoal obradoirista ou outra do Gipuzkoa Basket asinada polos seus xogadores.











