A Omix do Concello da Guarda convoca un curso de portugués
A Omix do Concello da Guarda convoca un curso de portugués que comezará en abril. O horario será de luns a mércores de 20.00 a 22.00 h. A cota de inscrición será de 20 euros.
Este curso pretende dotar aos participantes da capacidade de expresión oral e escrita da lingua portuguesa en situacións de uso habitual. Para inscribirse ou informarse chamar ao 986614546 ou a través do mail informacion@aguarda.es ou no perfil facebook











