A OMIX de Ribadumia acolle un taller de ideas para redactar proxectos para “Iniciativa Xove”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumiaXuventude
A-
A+

O Director Xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro acudirá este sábado 22 de marzo o taller de ideas que se organiza en Ribadumia.  A actividade, dirixida aos mozos e mozas de Ribadumia, está organizada pola OMIX do Concello dentro do proxecto “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O taller pretende dar aos mozos e mozas a información precisa para presentar iniciativas dentro de esta convocatoria de Subvencións ou de outros similares de participación xuvenil. Tamén pode ser unha ferramenta de traballo que permita mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución dos seus proxectos.

Está dirixido a mozos, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axente de desenvolvemento local, concelleiros e concelleiras de mocidade, asociacións xuvenís, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil

Será este sábado, 22 de marzo, na Casa de Cultura de Ribadumia en horario de 17:00 a 18:30.

20 de marzo de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.