A nova presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense reúnese co delegado territorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na reunión coa Presidenta de FEMURO

Rogelio Martínez na reunión coa Presidenta de FEMURO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá no seu despacho a nova presidenta da Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), María Isabel Garrido. Na xuntanza abordaron diversos temas nos que ambas institucións están implicadas. Así, Rogelio Martínez ofreceulle á nova presidenta de FEMURO colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no desenvolvemento de actividades dirixidas as mulleres do rural e na mellora da súa calidade de vida.FEMURO naceu en 1998 na comarca de Monterrei, cos obxectivos de acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres . María Isabel Garrido aproveitou a visita ao máximo representante da Xunta en Ourense para explicarlles os programas de intervención social que esta entidade organiza en distintas áreas interrlacionadas entre sí, desde información laboral, sensibilización social, participación ciudadana, benestar biopsicosocial ou desenvolvemento rural sostible.

14 de marzo de 2014 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.