A mostra sobre Vidal Bolaño chega ao IES de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dispón de xeito temporal da exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, creada e cedida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CIFP Carlos Oroza.

A mostra, que estará exposta no IES de Ponte Caldelas do 1 ao 25 de abril, está composta por 10 paneis de cartón-pluma de 50×70 cm, nos que se fai un percorrido polos eventos biográficos e literarios máis importantes de Vidal Bolaño.

Aqueles centros de ensino, asociacións ou outras entidades interesadas en dispoñer desta exposición poden solicitala no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

28 de marzo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.