A mostra “Luces alén do mar” pódese ver no auditorio municipal de Lalín ata o 14 de abril
No Auditorio Municipal inaugurouse a exposición “Luces Alén do Mar” que recolle un percorrido polas escolas de indianos das catro provincias galegas. A mostra foi cedida polo Consello da Cultura Galega ao Concello de Lalín. Pódese ver ata o 14 de abril.
Na inauguración participou a responsable de Acción Exterior do Consello, Emilia García López, e os concelleiros Román Rodríguez e María Álvarez.
A continuación inclúese enlace á mostra:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1841











