A Mesa Provincial de Comercio reúnese na Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Reunión da mesa provincial de comercio

Reunión da mesa provincial de comercio

A Mesa Provincial de Comercio celebrou hoxe unha reunión na sala de xunta da Deputación de Ourense á que asistiron o presidente e o vicepresidente da institución provincial, Manuel Baltar e Rosendo Fernández, respectivamente; unha representante da Federación Galega de Amas de Casa, María Luisa Lloves Boo, e o presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar. Na xuntanza informouse dos proxectos presentados á Mesa por parte dos once concellos pertencentes á mesma, para que se validen diante da administración autonómica e poidan poñerse en marcha. Na reunión deuse o visto e prace á mellora das instalacións no entorno da feira da Saínza, no Concello de Rairiz de Veiga, fundamentándose a obra no pechamento das ditas infraestruturas.

Os membros da Mesa quedaron emprazados para unha vindeira reunión que terá lugar no mes de abril, á que serán convocados asemade os representantes das asociacións de comerciantes dos concellos de máis de 10.000 habitantes da provincia de Ourense: Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e O Barco.

6 de marzo de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.