A Laracha acolle unha charla para mellorar a seguridade no colectivo da terceira idade
O edificio de servizos múltiples, situado na avenida López Astray do casco urbano da Laracha, acollerá este luns de 10.00 a 11.00 horas unha charla informativa que impartirá persoal especializado da Garda Civil, en colaboración co Concello, no marco do denominado “Plan Mayor Seguridad” que se está a desenvolver por diferentes localidades españolas.
Esta sesión vai dirixida ao colectivo da terceira idade e versará sobre problemas de seguridade que lles afectan directamente relacionados, por exemplo, con roubos no domicilio, na rúa ou no entorno de entidades financeiras, estafas, uso fraudulento de contas bancarias e cartillas de aforro, maltrato nas súas diferentes formas e medidas preventivas en relación cos riscos derivados do uso da Internet e das novas tecnoloxías.
A asistencia é gratuíta e non se require de inscrición previa.











