A Honorable Orde dos Viños Tintos do Salnés aproba novidades no concurso de viños e renova xunta directiva
O Centro Social de Barrantes acolleu a o pasado venres unha reunión extraordinarios a orden dos valedores do Viño Tinto do Salnés, para facer balance dos seus primeiros catro anos de recorrido con Rafael Vázquez e Vázquez como presidente.
Constituída no ano 2010, os valedores do tinto do Salnés son unha asociación que aglutina a 80 viticultores, restauradores, periodistas, enólogos e xente do ámbito cultural que ten como principal cometido a defensa e realce das excelencias do coñecido Tinto de Barrantes.
Estre os seu membros figuran o actor Sancho Gracia, o debuxante Gogue, a fotógrafa Mónica Irago, os humoristas Mucha e Nucha, escultores como Lucas Míguez e Manolo Paz e unha boa representación dos viticultores e restauradores do Salnés, impulsores e peza fundamental da Festa do Viño Tinto do Salnés.
De acordo co estipulado nos estatutos tocaba renovación da Xunta Directiva e os Valedores elixiron unanimemente para presidir o colectivo durante os próximos catro anos a Luís Serantes, hasta esa data Vicepresidente do colectivo.
Xunto a Serantes formarán a Directiva: David Castro, Francisco Abuín, Roberto Martínez, Vicente Serantes, Julio Sánchez, Xosé Luís Queiruga, Manuel Abuín “Piris”, José Manuel Domínguez, Ramón lede, Jorge Abal, Rodrigo Padín e Rafael Vázquez.
Na xuntanza aprobáronse tamén o calendario de actividades para o presente ano entre as que destaca a visita que os socios van realizar a Bodega – Palacio da Brejoeira de Moncao (Portugal) o próximo día 5 de abril. A saída está prevista para as 10 da mañá da Casa do Concello, as 11:30 visitarán o Palacio de Brejoeira, xardíns, viñedos e bodegas e participarán na cata dos seus viños artesáns.
Tamén se acordou nesta reunión introducir algunha novidade nas catas do concurso do Viño Tinto . Así formarase un panel de catadores único para a totalidade dos viños que se presenten o concurso, formado por viticultores representativos de cada unha das parroquias do Concello. Ademais as catas desenvolveranse nun mesmo local social e en días consecutivos, novidades aprobadas pola totalidade dos valedores, a Asociación de Viticultores e a Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña Muñiz.
Salomé Peña destacou que “é importante que xurdan novas ideas que contribúan a potenciar un viño que é signo de identidade do noso concello; que resalten a labor de quen colabora desinteresadamente para facer este viño aínda máis grande e máis popular se cabe; e que todo iso serva para que a Festa do Viño Tinto do Salnés continúe crecendo”.











