A Guarda informa das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014.
Poderán solicitar estas axudas o alumnado que esté cursando 1º, 2º, 3º 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral durante o curso 2013/2014.
O alumnado ademais deberá ter superadas todas as materias no curso 2012/2013 e ter unha cualificación mínima de 6 na área ou materia de lingua inglesa.
PRAZO: ata o 28 de abril











