A Garda Civil detivo en Soutomaior ao suposto autor de varios roubos en vehículos
A Garda Civil detivo o pasado luns a A.G.H., de 46 anos de idade e veciño de Alcalá de Henares (Madrid), como suposto autor do roubo de turismo da marca BMW, que fora subtraído o día 20 deste mes na localidade de Lalín.
Esta persoa foi localizada por unha patrulla de seguridade cidadá do Posto de Soutomaior nas inmediacións do vehículo que se atopaba estacionado na localidade de Arcade.
No momento da súa detención, portaba un bolso de señora, unha pequena mochila infantil e outros efectos que foran subtraídos do interior doutro turismo que estaba estacionado nas inmediacións cos cristais dun portelo rotos.
Continuando coas investigacións impútaselle, tamén, unha falta de furto nun vehículo estacionado na localidade de Ponteareas o pasado día 20 do actual, non descartándose novas imputacións por ilícitos da mesma índole xa que seguen abertas as investigacións.
O detido, que conta con amplos antecedentes, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número UNO dos de Redondela, quedando en liberdade con cargos.











