publicidade hoxe

A Fundación Gonzalo López Abente convoca a segunda edición do seu certame de poesía en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

A Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, en lingua galega.

A Fundación Gonzalo López Abente quere con este premio de poesía contribuír a dar difusión ao nome do autor muxián, ademais de contribuir á produción de obra poética en lingua galega. Con este fin asinará senllos convenios coa Consellería de Cultura–para o cofinanciamento do premio-  e con Edicións Xerais de Galicia- para a publicación da obra gañadora.

24 de marzo de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.