A final das Murgas da paso á Mostra da Parodia no programa do Entroido
O Equipo Ja, Val do Lérez, Colón PTV, Amoriños de Bora son as catro murgas que se disputarán esta noite a final do Concurso de Murgas, que comezará a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura.
A programación festiva do Entroido continúa mañá, 7 de marzo, a partir das 23.00 horas coa XIX Mostra da Parodia polos distintos espazo do centro histórico da cidade. Os participantes nesta mostra son:
• Os do Val do Lérez (Praza de España)
• Vamos a todo (Praza de Ourense)
• Amoriños de Bora (Praza da Peregrina)
• Os das pistas, A casa do terror (Casa Alcalde)
• Sorteo Lotaría do Nadal (Cruzamento Michelena-Gutiérrez Mellado)
• Os de sempre (Praza de Curros Enríquez)
• Equipo Ja (Benito Corbal, diante do Estanco)
• Os Fojeiras de Sanxenxo: A maquina prodixiosa (Praza da Ferraría).
A entrega de premios será a partir das 02.00 horas na praza da Ferraría.
BASES DA MOSTRA DA PARODIA
No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos disfraces como das parodias que se representen.
Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.
A inscrición para participar nesta mostra remata o martes 4 de marzo, ás 13.00 horas, no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar).
Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 23.00 horas do venres 7 de marzo, no lugar previamente asignado.
Ás parodias sobre camións – góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou praza de España.
A entrega dos premios celebrarase ás 02.00 horas na praza da Ferraría.
PREMIOS XIX MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO
1º Premio 1.300 € + Ravachol 2014
2º Premio 1.000 €
2º Premio 1.000 €
3º Premio 700 €
3º Premio 700 €
3º Premio 700 €











