publicidade hoxe

A Feira de Castrelo deste mes de marzo converterase na Feira da Arte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

Na nova Sala de Exposicións Turcastrelo poderase disfrutar da exposición de óleos do noso veciño Etelvino Espiñeira.

Por outra banda no Campo da Feira desenvolverase un proxecto que unirá o graffiti e o viño da denominación de orixe Ribeiro. A proposta «Graffiti e viño do Ribeiro» está promovida polo festival Arteficial, de Ribadavia. Desde o certame da capital do Ribeiro apóstase por darlle un valor engadido ao viño da comarca coa intervención artística. Na feira de Castrelo de Miño os artistas Mon Devans (Ourense), Nas (Rianxo) e Asten (A Coruña) pintarán coas súas creacións os murais que estarán compostos por estoxos de viño. Os mesmos serán achegados polas adegas Alecrín (Cenlle), Aurea Lux (Ribadavia) e Pousadoiro (Castrelo de Miño). Con esta intervención promocionarase o traballo dos artistas e as adegas, creando uns produtos de edición limitada que se presentarán na próxima edición da Feira do Viño do Ribeiro e que estarán á venda nas adegas a partir do 3 de maio.

E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:

Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)

25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

28 de marzo de 2014 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.