A Factoría de Innovación da Coruña presenta ás pemes de Ferrol o seu programa de actividades gratuítas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O vindeiro mércores, día 26 de marzo, ás 20:00 horas, celebrarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, unha xornada informativa da Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña; e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Durante o encontro presentarase aos empresarios locais o Programa de Adestramento Individualizado da Factoría de Innovación da Coruña, no que poderán participar 101 pemes que, coa axuda dun coach especializado, serán capaces de identificar, definir e pór en marcha polo menos un proxecto innovador, que lles permitirá ser máis competitivas no sector no que operan.

Ademais, darase a coñecer o amplo programa de actividades que a Factoría de Innovación desenvolverá na provincia da Coruña, co obxectivo de reforzar a capacidade innovadora das empresas, favorecendo a implantación de iniciativas de I+D+i que dinamicen a súa actividade e melloren os procesos de produción e xestión. Con este fin, darase unha sesión que permita entender o valor deste proceso e algunhas recomendacións prácticas sobre iso.

A participación nesta xornada, así como en todas as actividades organizadas pola Factoría de Innovación da Coruña, é gratuíta e está aberta a profesionais, empresas, agrupacións empresariais ou institucións galegas que desexen potenciar a súa cultura innovadora. Os interesados deben realizar a súa inscrición a través da web www.eoi.es/fdi/acoruña ou enviando un correo electrónico a fdi_acoruna@eoi.es.

21 de marzo de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.