A escola infantil de Ponte Caldelas ofrece 21 prazas vacantes para cativos de 0 a 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Escola Infantil “Galiña Azul” de Ponte Caldelas mantén aberto o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2014/15 até o 21 de marzo cunha oferta de 21 prazas vacantes para nenos entre 0 e 3 anos distribuídos nos seguintes tramos de idade: 7 para bebés de 0 a 1 ano (nacidos no ano 2014), 7 para os nenos e nenas en idades comprendidas entre 1 e 2 anos (os nados en 2013) e 7 para os que teñan entre 2 e 3 anos (nacidos en 2012).

A Escola Infantil de Ponte Caldelas púxose en funcionamento no curso 2009-2010 e está xestionada polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Xunta de Galicia e dispón dun total de 41 prazas das que quedan vacantes 21 para o próximo curso.

A Escola Infantil de Ponte Caldelas recibe todos os anos unha importante demanda debido á súa probada calidade educativa e pedagóxica demostrada ao longo dos últimos tempos polo que desde o Concello recomendan aos veciños do municipio con fillos ao seu cargo en idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos que realicen a solicitude de inscrición para a matrícula.

Os pais que queiran inscribir aos seus fillos para o próximo curso na Escola Infantil de Ponte Caldelas deberán achegar á solicitude a fotocopia do DNI dos proxenitores, fotocopia cotejada do Libro de Familia, certificado de empadroamento do neno ou nena e de polo menos un dos proxenitores, copia da última nómina, si é o caso, certificación expedida polo SEPE acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego.

No caso de que os solicitantes sexan profesionais liberais ou autónomos, deberán achegar un certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite o alta no IAE e o último recibo de pago da cota á Seguridade Social ou certificado de mutualidad profesional.

No suposto de percibir pensión, o solicitante deberá achegar o certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou da administración autonómica pagadora da mesma, así como outros documentos, si proceden, nos que consten incidencias familiares económicas ou sociais susceptibles de puntuación no baremo. 

4 de marzo de 2014 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.