A edil vilagarciá de educación reúnese cos directores dos colexios para abordar as necesidades dos centros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A concelleira de Educación, Rocío Llovo, convocou mañá aos directores dos colexios cuxas ANPAS constituíron recentemente unha plataforma. O motivo deste encontro é abordar cos responsables dos centros educativos as necesidades de cada un deles, a efectos de ir planificando as actuacións a levar a cabo por parte do Concello en función das prioridades, urxencia e dos recursos dispoñibles.

Por outro lado, atendendo á petición realizada pola Plataforma de ANPAS, a edil de Educación, anunciou que recibirá aos representantes do colectivo a principios da vindeira semana.

18 de marzo de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.