A directiva da asociación de veciños “O Forte” reúnense con técnicos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá membros da directiva da Asociación de Veciños de O Forte reuníronse no concello co edil de Economía e Facenda Pío Millán e técnicos municipais para recibir información sobre as actuacións que está previsto se executen na Praza das Pontes.

Durante o encontro os técnicos explicaron como se van a realizar as obras e contestaron ás dúbidas que os veciños e veciñas plantexaron sobre o proxecto.

Estas obras, teñen como finalidade dar unha solución parcial ao problema das inundacións ocasionadas polo desbordamento do río Bouzós así coma poñer ao descuberto unha das pontes máis características da vila recuperando así parte do patrimonio histórico de Cangas.

6 de marzo de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.