A Deputación de Pontevedra entrega as resolucións de subvencións a catro entidades deportivas canguesas
Esta mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo recibiu na Casa do Concello a deputada provincial Begoña Estévez para facer entrega a catro entidades deportivas canguesas das resolucións de concesión de subvencións para a participación en ligas e competicións deportivas. No evento, no que estiveron presentes os responsables dos diferentes clubs, entregaronse axudas por importe total de 69.000 euros.
Hai que destacar que este é o primeiro acto de entrega de achegas económicas da Deputación de Pontevedra do 2014 que nesta ocasión foron para o C.F. Alondras, o Club de Balonmán Cangas- Frigoríficos do Morrazo, o Club Rápido Bahía e o Club Náutico de Cangas.
O obxectivo destas achegas económicas realizadas dende a institución provincial é o apoio e promoción da participación dos deportistas de clubs da provincia nas distintas ligas e competicións nas diferentes modalidades deportivas.











