A Deputación de Pontevedra concede unha subvención de15.000 euros ao Club Ciclista Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránPontevedra
A-
A+

O alcalde de Nigrán e deputado provincial, Alberto Valverde, fai entrega da resolución na que se lle concede unha subvención valorada en 15.000 euros ao Club Ciclista Rías Baixas dirixida a axudar a esta entidade deportiva a participar en ligas e competicións oficiais. 

O Club Ciclista Rias Baixas, fundado no ano 1988, conta na actualidade con máis de 150 corredores en todas as categorías –cadetes, xuvenís e Máster 30, 40 e 50-, nas que cultivou importantes éxitos deportivos. No seu palmarés destacan títulos de campións galegos nas modalidades de contrareloj por equipos, BTT e ciclocrós, así como a participación en distintas edicións de campionatos de España nas categorías xuvenil e cadete.

O deputado provincial subliñou o importante labor que desde fai máis de 25 anos realiza o club con sede Nigrán en toda a comarca do Val Miñor,  promocionando a práctica do ciclismo tanto desde un punto de vista profesional como amateur. Valverde tamén inicidió na importancia de priorizar o destino dos fondos públicos para axudar a colectivos deportivos a fomentar e apoiar a práctica do deporte como hábito de vida saudable, e agradeceu o esforzo da Deputación de Pontevedra pola concesión desta subvención ao club nigranés, especialmente atendendo á conxuntura actual.

14 de marzo de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.