publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra amosa a súa disposición para favorecer a ordenación do tráfico na N-550

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisCatoiraPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu esta mañá no seu despacho do Pazo provincial o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o voceiro do PP nesta localidade, Jesús Goldar, cos que abordou posibles solucións ós problemas de tráfico existentes no entronque da N-550 coa estrada provincial Caldas de Reis-Carracedo-Catoira.

Rafael Louzán transmitiulles ós representantes municipais a plena disposición da Administración provincial en facilitar solucións a este problema e a prever a construción nun futuro dunha rotonda, que non só organizaría os fluxos de tráfico da N-550 e da propia estrada provincial senón que tamén tería a capacidade para recoller e canalizar o tráfico dunha posible entrada e saída da AP-9 en dirección a Santiago.

Como primeiro paso os técnicos da Deputación remitiranlle ó Concello a documentación técnica necesaria para que se poida incorporar ó PXOM agora en trámite a citada rotonda.

Esta solución permitiría, ademais, garantir a supervivencia e a expansión da principal empresa de Caldas de Reis, Clavo Conxelados S. A.

Tanto o voceiro do PP coma o rexedor local agradeceron a boa disposición do presidente da Deputación.

18 de marzo de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.