A Deputación da Coruña mostra o seu pesar polo pasamento de Adolfo Suárez
A Deputación da Coruña lamenta “profundamente” o pasamento de Adolfo Suárez, a quen o presidente Diego Calvo, falando en nome da institución que preside, recordou como “home clave na transición e un dos grandes artífices do sistema democrático español”.
Neste mesmo senso, Calvo anunciou que a Deputación se sumará ao loito oficial que decrete o Goberno e, a título persoal, lembrou que “este grande home sempre representará para nós a verdadeira esencia de facer política”.
Finalmente, en nome da Deputación, traslada o seu pesar, apoio e afecto a toda a familia e achegados do presidente Suárez.











