A demanda de prazas na Galiña Azul do Carballiño rexistra un notable incremento
Ao peche do prazo para as inscricións na Galiña Azul do Carballiño, o número de solicitudes rexistradas foi de 43, quedando aberto aínda un prazo para os novos nacementos que se produzan antes do 2 de maio.
O maior número de solicitudes foi de nenos con idades compredidas entre os 1 e 2 anos, destacando a necesidade deste servizo para a conciliación da vila familiar e laboral dos proxenitores.
Nestes momentos a escola infantil conta con 62 alumnos de 0 a 3 anos, situados no centro do Calvo Sotelo. A actual demanda de prazas vén corroborar a necesidade dunha segunda Galiña Azul na vila do Arenteiro, xa que moitos dos que solicitaron praza neste momento poderán quedar en lista de espera.











