A D.O. Monterrei concluíu a súa participación no Salón de Gourmets na Feira de Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseVerín
A-
A+

Os Viños de Monterrei acudiron á gran cita gourmet celebrada esta semana en Madrid, participando cun posto de representación na caseta da Xunta de Galicia, tutelado pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Representantes do Consello Regulador encabezaron a proposta dos viños de Monterrei no Salón de Gourmets, presentando ao sector profesional alí congregado un mostrario de produto que reuniu as principais elaboracións que caracterizan á Denominación de Orixe.

Como reforzo á súa participación como expositora, a Denominación de Orixe Monterrei ofreceu varias degustacións na aula de Catas da Xunta de Galicia. A primeira, maridando aos produtos do D.O. Mexillón de Galicia e a I.X.P. Faba de Lourenzá, en receitas da cociñeira galega Emma Pinal. Unha cata na que Monterrei centrou a súa exposición na gran diversidade que acollen as súas vinificaciones de variedades brancas, mostrando diferentes perfís de viño a través dun percorrido que se iniciou cun viño novo monovarietal de Godello da recentemente saída colleita 2013 e finalizou na degustación de viños madurados en barrica, neste caso un Godello&Treixadura da colleita 2012. Todo iso a cargo do catador e xornalista, colaborador en diversos medios en materia de gastronomía e viños, José Luís Murcia.

A segunda actividade, esta vez en compañía dos produtos da IXP Tenreira Galega e a IXP Castaña de Galicia, centrou a súa temática nos viños tintos de Monterrei. Deste xeito, Jesús Flores, director da aula Española do Viño, guiou aos participantes nunha cata polos varietales de viño tinto Monterrei, en diferentes procesos de crianza en madeira. Ademais de mostrar como determinados viños brancos poden resultar parellas de éxito para acompañar ás carnes.

Finalmente, como conclusión ao programa de catas, participou na actividade “Queixos da Chaira” encabezada polo D.O.P. San Simón da Costa, cun viño da colleita 2011 dos varietales Mencía, Merenzao e Araúxa, criado en barrica de carballo durante un ano.

14 de marzo de 2014 | 10:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.