A Coruña conmemora do Día Internacional da Muller co acto ‘Traballadoras’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Negreira no acto conmemorativo

Negreira no acto conmemorativo

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou no acto ‘Traballadoras’ que o concello da Coruña celebrou con motivo do Día Internacional da Muller.

O alcalde sinalou que os actos comezaron onte incorporando o nome da xornalista e escritora coruñesa Mari Luz Morais ao rueiro coruñés e lembrou a figura doutras mulleres coruñesas pioneiras, como Sofía Casanova, ou coruñesas que fixeron da súa vida “un himno á entrega ao próximo” como Adelaida Muro, Juana de Veiga ou Teresa Herrera.

Negreira recoñeceu que, a pesar dos avances realizados no noso país en materia de igualdade, aínda queda traballo por facer, especialmente no relativo á violencia de xénero: “Ante unha inxustiza nunca un alcalde pode darse por satisfeito”, asegurou.

Finalmente agradeceu o labor de todas as asociacións, organizacións e fundacións que propuxeron ás homenejeadas dun acto que estivo dedicado a mulleres trababajadoras con diversidade funcional: “Brillades con luz propia, sodes o triunfo do cotián”, díxolles ás 13 mulleres.

7 de marzo de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.