A Concellería de Educación de Ourense organiza charlas escolares sobre “A historia non contada das mulleres”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de charlas nos centros educativos da cidade dirixidas a alumnado de 3º ciclo de Primaria co título: “A Historia non contada das mulleres” con motivo da celebración do “Día Internacional das mulleres”.

Con esta actividade preténdese dar a coñecer ao alumnado as achegas que mulleres fixeron ao longo da historia nos diferentes ámbitos da sociedade: doméstico, político, cultural…  Tamén se falará da importancia que tivo o movemento feminista como axente democratizador, as súas protagonistas e os dereitos conseguidos para todas as mulleres.

Esta actividade pretende poñer en valor e visualizar ás mulleres que fixeron historia a través das súas protagonistas, dende as máis próximas a nós – irmás, nais e avoas-  ata aquelas que fixeron historia, ben por arriscar a súa vida na procura de algo ou simplemente por ser pioneiras en disciplinas ou reivindicacións.

Esta actividade forma parte do programa municipal educación en igualdade e prevención da violencia de xénero “Sendo diferentes, sexamos iguais”. A actividade componse de dúas sesións:

1ª Sesión:

Memoria de Muller. Análise de recordos e historias de mulleres

As Mulleres na miña familia.

As mulleres no meu Concello. Quen é? Que fai?

Mulleres galegas con nome propio.

Inventos de Mulleres. Científicas na Historia

2ªSesión

Os dereitos das Mulleres.

Significado de diferentes termos relacionados coa Igualdade e o Feminismo.

Feministas que fixeron historia.

“Contos de Igualdade”. Transmisión de valores a través dos contos.

A actividade desenvolverase nas seguintes datas:

10 de marzo: CPR Padre Feijoo: de 10.00 a 11h ( 2ª sesión)

12 de marzo: CPI José G. García (Mende): De 10 a 11h ( 1ª sesión)

13 de marzo: CPI José G. García (Mende): De 10.50h a 11.45h (2ª sesión)

14 de marzo: CEIP Mariñamansa: De 9.30h a 10.20h (2ª sesión)

7 de marzo de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.