publicidade hoxe

A competitividade dunha ducia de empresas de Sarria mellora co Reacciona coas Tic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSarria
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, comprobou este martes os resultados da aplicación do plan Reacciona coas Tic nunha empresa participante. Este plan, pioneiro en España ó ofrecer de xeito completamente gratuíto asesoramento, software e formación en novas tecnoloxías, mellorou o posicionamento no mercado de 150 Pemes e autónomos de toda a provincia.

López Izquierdo mantivo unha xuntanza cos responsables da empresa Migamad no Concello de Paradela, que se dedica á fabricación de produtos de madeira para o almacenamento industrial e que grazas a este programa conta cunha ferramenta de facturación especificamente adaptada ás súas necesidades.

A Deputada fixo balance do programa na Comarca de Sarria, con 12 empresas participantes, e destacou as posibilidades de aplicar as novas tecnoloxías “para calquera tipo de negocio, independentemente do seu tamaño e ubicación, igualando a loita entre grandes e pequenos, empresas do rural e das cidades”. López Izquierdo salientou que este programa forma parte da aposta do organismo provincial polas Pemes e autónomos “auténtico motor da economía da provincia, favorecendo a creación de emprego no rural, onde se asentan boa parte delas”.

No caso concreto da comarca sarriana, participaron no programa 8 empresas de Sarria -a asesoría Xuntos Asesores; a tenda Moncho moda, a tenda de venta online de produtos para o deporte de montaña peregrinoteca.com; a promotora Forcados; a empresa de publicidade e artes gráficas Comunicación Visual Sarria; o comercio e electrodomésticos A Casa; o estudio de arquitectura Lineanorte; a xestoría Sarria Gestión; e a empresa de alimentación Cárnicas Teijeiro-; 2 en Samos –a casa de turismo rural Casa Licerio e a empresa de turismo deportivo Vida Láctea-; e 1 en Paradela, dedicada á transformación da madeira, visitada hoxe.

O Reacciona coas Tic ofreceulles a estas e outras empresas da provincia asesoramento, formación e software a custe cero para mellorar o seu posicionamento no mercado a través das novas tecnoloxías. Técnicos da Deputación realizaron un rigoroso análise individualizado das súas necesidades tecnolóxicas para dotalos a continuación das ferramentas informáticas máis adecuadas e a formación precisa para sacarlle o máximo partido.

11 de marzo de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.