A comparsa “Gasto cero” triunfou no desfile de Entroido de Palas de Rei con dous premios

Comparsa Gasto Cero
Un grupo de 19 xóvenes de Palas de Rei que participaban, no Desfile de Entroido organizado polo Concello Palense, baixo a denominación de “Gasto Cero”, imitando aos interpretes da Orquestra Panorama, desataron o interés e o ánimo dos perto de 2.000 espectadores que abarotaban a Praza do Concello de Palas, o martes 4 de marzo. As súas coreografías, interpretacións musicais e o seu espectáculo fixo que o xurado do Concurso integrado por dúas técnicas do Concello e un representante de cada un dos grupos participantes no Desfile outorgase a esta comparsa “ Gasto Cero” o 1º Premio da súa categoría dotado de 210 €uros e o Premio especial a orixinalidade dotado de 110 €uros.
As adversas condicións meteorolóxiacas, de choiva e frio en Palas de Rei, pasaron a un lugar secundario ante o interés que espertaron os numerosos grupos que participaron no Desfile. Os premiados foron os seguintes:
CATEGORIA INDIVIDUAL/PARELLAS:
1º Premio: Pavo Real, 50 €
2º Premio: Lo que la lluvia se puede llevar,30 €
3º Premio: Luciernaga de Flores, 20 €
CATEGORÍA DE GRUPOS ATA 5 PERSOAS
1º Premio: Grease, 85 €
2º Premio: O mal tempo boas son flores, 50 €
3º Premio: 25 €. Desero (ausencia de participantes na categoría)
CATEGORIA DE GRUPOS DE MÁIS DE 5 PERSOAS
1º Premio: Gasto Cero, 210 €
2ºPremio: Feira de Abril, 120 €
3ºPremio: Orquestra Paris de Lestedo, 70 €
Premio especial a orixinalidade: Gasto Cero, 110 €











