A CEC analizará as novidades fiscais e tributarias
A Confederación de Empresarios da Coruña, en colaboración con Garrigues , despacho de asesores tributarios, promove unha xornada sobre o peche fiscal de 2013 e as novidades tributarias de 2014. O foro, que contará coa participación de Jesús Andújar e Martín Pedre, expertos da citada empresa, celebrarase o vindeiro xoves, 13 de marzo, a partir das 18.30 horas, na sede da patronal coruñesa.
O encontro, reservado a empresarios e persoal dos departamentos contables e financeiros das empresas, servirá para analizar as principais novidades fiscais e tributarias que teñen implicación no peche económico de 2013, así como as que contén a Lei 14/2013 de Emprendedores e a Lei de Orzamentos Xerais do presente exercicio.
A xornada será inaugurada polo presidente da Confederación de Empresarios, Antonio Fontenla. Para asistir á mesma é necesario inscribirse a través do teléfono 981.133.702.











