A canteira máis numerosa da historia do Santiago Futsal presentarase este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Este venres, aproveitando a visita do vixente campión de Copa de España Inter Movistar, o Santiago Futsal realizará a presentación oficial das súas categorías de base do club, un total de 16 equipos nos que xogan case 200 xogadores e xogadoras e os seus correspondentes monitores, desde as categorías máis pequenas con nenos de 4 e 5 anos, até o equipo filial, coa especial novidade de contar con 2 equipos femininos por primeira vez na historia do club.

Unha tempada máis, a nosa canteira, o gran orgullo do club será a protagonista na xornada do venres, nun dos partidos máis esperados do ano, no que ademais se espera unha gran entrada para que todos os asistentes poidan gozar do mellor espectáculo e coñecer ademais aos xogadores que día a día se forman nunha das canteiras de fútbol sala máis prolíficas do ámbito nacional.

19 de marzo de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.