A Cañiza rende homenaxe ao sacerdote Teodomiro González Ozores na Festa do Lacón con Petelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendario
A-
A+

O vindeiro sábado, 15 de marzo de 2.014, dentro das xornadas adicadas a Festa do Lacón con Petelo, o Pobo da Cañiza e no seu nome o Concello, homenaxeará a Don Teodomiro González Ozores nunha ceremonia que se desenvolverá no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza a partires das 20:00 horas.

O Recoñecemento do Pobo da Cañiza a Don Teodomiro está respaldado pola súa extraordinaria vocación, valorada por todos os veciños da Vila.  Maiores e mozos, todos por igual, o consideran dende hai moitos anos como un profesional excepcional, sempre ao servizo da comunidade e dos veciños. Unha persoa que nunca falla, que sempre ten una palabra amable, con folgos para todo, co seu soriso sempre resplandecendo, incansable cura querido por todos.

E aínda que él únicamente é o cura das parroquias de Oroso e de Parada, o recoñecen en todo o noso Municipio pola súa peculiar personalidade.

Pola atención que sempre dispensou aos seus veciños e como non aos seus feligreses de xeito agarimoso por toda unha vida de compromiso e de vocación, este ano o Petelo de Ouro será para o noso apreciado “Don Teodomiro”.

12 de marzo de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.