publicidade hoxe

A Cañiza acolleu unha campaña informativa sobre recolleita selectiva e reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
O rexedor da Cañiza no stand informativo

O rexedor da Cañiza no stand informativo

Trátase dunha Campaña de información e concienciación co obxectivo de reducir os residuos impropios, é dicir, os residuos depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe.

Coincidindo co día de Feira un aula móbil situouse diante da Casa Consistorial onde monitores especializados informaron e asesoraron á cidadanía sobre os temas e obxectivos expostos. Os veciños que se achegaron ata o aula para informarse e cubrir unha enquisa de coñecementos, recibiron un obsequio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, xunto con ECOEMBES, SOGAMA, Ecopilas, ERP e ECOLEC puxeron en marcha unha campaña encamiñada a informar e concienciar sobre a recolleita selectiva e o reciclaxe en concellos, asociacións e colexios públicos galegos co obxectivo de incidir directamente na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos seus fogares.

Búscase como obxectivo primordial que cada concello logre reducir a cantidade de materiais non desexados nos contenedores amarelos. Do mesmo xeito, a campaña tamén incidirá sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de contenedor, co fin de mellorar o reciclaxe.

Ao longo das últimas décadas, o traballo das Administracións Públicas e das entidades que velan pola mellora e conservación do Medio Ambiente, especialmente a favor do reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos, ferramentas e electrodomésticos, trouxo consigo unha progresiva concienciación dos consumidores, que cada vez son máis conscientes da importancia de reducir, reutilizar e reciclar.

Pero paradóxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, a día de hoxe existen aínda algunhas dúbidas á hora de separar correctamente os residuos nos fogares. É o que se coñece co nome de impropios, é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe.

6 de marzo de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.