A calidade dos produtos do mar e do agro galegos difúndese no Salón Gourmets de Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, visitou esta mañá o Salón Gourmets en Madrid, que se celebra dende onte ata o xoves, 13 de marzo no recinto feiral IFEMA, para apoiar ás 30 empresas coexpositoras que alberga o stand da Consellería. Mañá o Salón tamén contará coa presenza do secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

Ademais das empresas galegas tamén están presentes neste evento algúns consellos reguladores. Para potenciar e dar a coñecer a calidade dos produtos da pesca, da acuicultura e do agro de Galicia, a Consellería do Medio Rural e do Mar participa no salón cun stand de máis de 500 m2, no que se ofrecerán varias degustacións de produtos do agro e do mar, entre eles de produtos que contan con Indicación Xeográfica Protexida e con Denominación de Orixe Protexida.

Durante a súa estancia o secretario xeral do Mar fixo fincapé na importancia de estar presentes neste tipo de eventos, xa que, sinalou, serven de escaparates de difusión da calidade dos produtos que brindan o mar e o agro de Galicia. Dentro deste tipo de feiras valorou a importancia de Gourmets, porque é a feira profesional de referencia no sector da gastronomía de calidade en Europa.

Ao longo das xornadas da feira no stand da Consellería hai programadas actividades de presentación e degustación dos produtos do agro e do mar galego. Os actos previstos para os vindeiros días no stand son os seguintes:

Martes, 11 de marzo

12:00 h.- O sabor do mar en conserva
Viños da D.O. Ribeiro

13:30 h.- Mexillón de Galicia, garantía de calidade e orixe.
I.X.P. Faba de Lourenzá
Viños da D.O. Monterrei

16:30 h.- Ouro doce. I.X.P. Mel de Galicia.
I.X.P. Tarta de Santiago

18:00 h.-Artesanía en conserva
Currimar conservas tradicionais
Obrador de Lamprea
Siccas Conservas de Autor
Viños da D.O. Ribeira Sacra.

Mércores, 12 de marzo

12:00 h.- Parellas de tradición
I.X.P. Ternera Gallega
I.X.P. Castaña de Galicia
Viños da D.O. Monterrei

13:30 h.- PescadeRías: o mellor da nosa pesca artesanal
I.X.P. Pataca de Galicia
Viños da D.O. Valdeorras

16:30 h.- Galicia: un mar y tierra ecológico
C.R. Agricultura Ecológica

18:00 h.- Queixeiros da Chaira.
Queixos D.O.P. San Simón da Costa.

11 de marzo de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.