A atleta tudense Eva Cid Guede consegue o bronce no Campionato de España Júnior de Pista Cuberta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

A pasada fin de semana disputouse o Campionato de España Júnior de Pista Cuberta, en San Sebastián, onde a atleta tudense Eva Cid Guede acadou a medalla de bronce na distancia dos 1.500 metros, cunha marca de 4.47:85.

O Concello de Tui felicita a Eva Cid, atleta tudense do Club Val Miñor, pola consecución desta terceira posición no Campionato de España Júnior e nas próximas datas realizará unha recepción oficial no consistorio municipal para homenaxeala.

25 de marzo de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.