A asociación de mulleres rurais ‘A Torre da Barreira de Riobó’ da Estrada visita Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Visita da asociación a Cangas

Visita da asociación a Cangas

Este domingo un grupo de 55 persoas da Asociación de Mulleres Rurais ‘A Torre da Barreira de Riobó’ de A Estrada realizaron unha visita guiada gratuíta pola vila de Cangas ofrecida polo servizo municipal de turismo. O percorrido, de case unha hora de duración, permitiu aos asistentes coñecer de preto o rico patrimonio histórico e artístico da localidade. A Capela do Hospital, a ex-colexiata de Santiago, a Alameda Vella ou o casco histórico son algún dos lugares onde se detiveron. Esta visita turística súmase ao programa de actividades deste colectivo, composto por 120 socios composto de charlas, cursos ou xuntanzas entre outros.

23 de marzo de 2014 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.