A asociación de comerciantes da Estrada inicia a campaña de primavera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A Directiva da Acoe reuniuse onte e decidiu que as actividades programadas para este sábado 29 pola tarde séguense mantendo, en caso de ter que suspender algunha actividade por mor do mal tempo, sería o mesmo día despois de valorar a situación meteorolóxica nese intre.

Dende as 17:00 h. ata as 20:00h. haberá actividades na Rúa Ulla, Calvo Sotelo e Praza do Concello.Faranse sorteos na praza do Concello, e as  19:00 será a entrega dos premios da feira de oportunidades e do día do pai.

27 de marzo de 2014 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.