publicidade hoxe

A asociación Amarai estrea a obra de teatro “Os Amores de Boimil” en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O martes, 4 de marzo, ás 16:30 horas, no 1º andar do Edificio Multiusos Terra do Queixo, a asociación de persoas con discapacidade de Arzúa e Terra de Melide (Amarai) representa a obra de teatro Os Amores de Boimil, na que participan 14 persoas usuarias do centro de recursos que ten a entidade en Boimorto.

Dende hai ano e medio, e durante unha hora todos os venres pola tarde, os participantes da obra estiveron ensaiando a obra dentro da actividade da aula de teatro que imparte o centro de recursos.

Cunha duración de 1 hora, e con entrada gratuíta, Os Amores de Boimil representa a vida nunha aldea que se vai dividir en tres actos nos que se falará de herdanzas, festas, contos, baile, música…, en fin, todos os compoñentes necesarios para que ninguén quede indiferente ao espectáculo que se está interpretando.

3 de marzo de 2014 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.