A área de xuventude organiza cursos astronomía, cociña e primeiros auxilios dentro de Ourense Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense pon en marcha o programa de actividades formativas e de lecer “Ourense Xove” dirixidas á mocidade que se desenvolverán durante os meses de abril e maio na cidade. A oferta abrangue múltiples propostas, dende a cociña ata os primeiros auxilios, pasando pola astronomía ou a educación para a saúde. As persoas interesadas (mozos e mozas de 15 a 35 anos) poderán inscribirse dende mañá, martes, 25 de marzo, na Concellería de Xuventude, na Praza San Martiño nº 2 baixo dereita, teléfono 988 38 81 54 e-mail: xuventude@ourense.es. A admisión será por orde de entrega das solicitudes. A oferta inclúe:

1. Curso de primeiros auxilios. Este curso, oficial e homologado, ofertará 20 prazas. Con 40 horas de duración, desenvolverase os días 11, 12, 25, 26 de abril, 9, 10 e 16 de maio (venres de 17 a 21 e sábados de 10 a 14 e de 17 a 21h), en Cruz Vermella (O custe é 43 euros)

2. Educación para a saúde/Arte da Seducción. Ten como obxectivos conquerir o respeto dos demais, contribuir á construción dunha imaxe corporal positiva, reflexionar sobre as relacións cos demais e sobre as relacións en parella. É gratuito e participarán 20 mozos e mozas, o luns, 21 de abril, de 19:00 a 21:00, no local da Agrupación Miño.

3. Cursos de astronomía e choiva de estrelas

– Iniciación á Astronomía. Dará continuidade ao programa iniciado o ano pasado, ECLÍPSATE, que tivo unha gran aceptación e participación. Está destinado ás persoas que estean interesadas en achegarse ao coñecemento do universo e os métodos que se usan para o seu estudo. O curso é gratuito, ofertará 25 prazas, durará 8 horas, con 2 clases teóricas e 2 prácticas, os días 5, 12, 19 e 26 de maio, na AVV Ribeira Miño e Observatorio El Mirón del cielo.

– Choiva de estrelas. Observación nocturna. Colocarase unha carpa informativa con material didáctico, videos, planetario virtual e tres telescopios. Tamén haberá talleres de astronomía para nenos. Para persoas de todas as idades, as noites do 24 ao 25 de maio, dende as 20:00 horas, na Praza Maior

4. Obradoiros de cociña, con diferentes propostas:

– Cociña para compartir (TAPAS): 12 horas, os mércores e xoves 10, 23, 24 e 30 de abril, de 19 a 22h, con 15 prazas (10,70 euros), na Praza Eironciño dos Cabaleiros, 5.

– Cociña Vexetariana: fomentará hábitos saudables na cociña, elaborando pratos sinxelos con vexetais e diferentes cremas e salsas: 15 horas con 15 prazas, os mércores e xoves 7,8, 14,15 e 21 de maio, de 19:00 a 22:00 (10,70 euros), na Praza Eironciño dos Cabaleiros,5.

– “A volta ao mundo na cociña”. Por terceiro ano consecutivo, se organizan obradoiros en locais das asociacións de veciños, para dar a coñecer e promocionar o tecido asociativo da cidade, aproveitando ao máximo os recursos e servizos e compartilos co resto da cidadanía. Serán 4 sesións de 19:00 a 22:00 horas, con 15-20 alumnos por xornada, e de balde.

– Cociña mexicana (o 11 de abril, na A VV O Barrio

– Cociña xaponesa (25 de abril, na A VV Casco Vello)

– Cociña italiana (9 de maio, na A VV Arranxar)

– Cociña portuguesa (16 de maio, na A VV Carlasca)

24 de marzo de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.