A área de Vigo e Baixo Miño recibirá máis de dous millóns e medios de euros para subvencións no rural
Hoxe, luns 17 de marzo o Grupo de Desenvolvemento Rural da Área de Vigo-Baixo Miño, abre un novo prazo para seguir a solicitar as axudas do Plan Leader Galicia destiñadas á posta en valor dos territorios rurais.
Estas subvencións, a fondo perdido, van destiñadas principalmente a empresarios i emprendedores que teñan a intención de crear unha nova empresa no rural ou a modernizar e ampliar os negocios xa existentes.
O GDR MAIV-Baixo Miño ten para esta ampliación para o período 2014-2015 un orzamento de mais de dous millóns e medio de euros para adicar ao aumento da competitividade dos sectores agrario e forestal, á mellora do medio ambiente e o contorno rural, a facilitar a calidade de vida nas zonas rurais e a diversificar a economía nestes territorios.
Todas aquelas persoas ou entidades que estean interesadas en solicitar estas axudas poden informarse na sede do AGDR MAIV-Baixo Miño en Mos (Avda. de Peinador, 39), no teléfono 986-443030, na nosa web (www.agdr18.org) ou a través do correo electrónico da asociación: info@agdr18.org.
Nos primeiros anos do actual programa Leader, este Grupo de Desenvolvemento Rural concedeu xa importantes axudas que permitiron poñer en marcha centros de día ou garderías, crear empresas de cátering, ou de produción de abonos ecolóxicos, montar empresas de xestión de biomasa, ampliar viveiros, modernizar instalacións fabriles, etc.
A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) MAIV- BAIXO MIÑO e alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González Álvarez, manifestou a súa gran satisfacción pola concesión destas novas axudas europeas, e salientou a “gran labor desenvolvida durante este tempo polo equipo técnico, que permitiu acadar nesta anualidade, tres millóns de euros máis que contribuirán á dinamización de proxectos no noso medio rural”.











