A área de Traballo do Carballiño abre un novo prazo para os exames de competencias clave

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A edil de Traballo do concello do Carballiño, Teresa Cerdeira, continúa apostando pola formación como principal ferramenta para abrir portas no mercado laboral. Por este motivo a citada área municipal informa da apertura dun novo prazo para inscribirse nos exames de Competencias Clave, que permitirán, a todos os que os superen, acceder a cursos de nivel 2 ó 3, e que convoca a conselleria de Traballo da Xunta de Galicia.

Estes exames van dirixidos aos veciños que non obtivesen no seu momento a ESO, e queiran acceder a cursos de formación profesionalizante ou aos certificados de profesionalidade que permiten acceder aos citados cursos.

Todos os interesados en realizar os exames deben inscribirse no concello, no departamento de Traballo situado na segunda plana do concello, até o próximo 10 de abril, en horario de mañá de 8:30 a 14:00 horas.

18 de marzo de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.