63 deportistas participaron na xornada de tecnificación infantil de taekwondo que se celebrou en Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

Sesenta e tres deportistas participaron o sábado 8 de marzo na xornada de tecnificación infantil que se celebrou na Barbanza. Debido á alta participación, houbo que dividir aos rapaces en dous grupos, por idades, para así poder traballar mellor.

Esta é a quinta xornada de tecnificación que se celebrar na Barbanza, no Pavillón do I.E.S. Coroso nº1 de Riveira (xunto á praia de Coroso). No primeiro grupo (a partir das 16:15 horas) participaron 36 rapaces nados entre os anos 2000 e 2002, mentres que na segunda quenda houbo 27 taekwondistas (nados nos anos 2003 e 2004).

Este proxecto comezou a finais do 2013, no mes de novembro, con Estefanía Hernández como responsable das provincias da Coruña e Lugo e José Antonio Carregal, de Ourense e Pontevedra. Os obxectivos destas xornadas son a formación e participación activa de deportistas e adestradores/as, ademais de facilitar un seguimento dos que amosan aptitudes axeitadas para a competición. A resposta das e dos xoves taekwondistas está a ser moi positiva e os adestradores están moi satisfeitos coa actitude que amosan nas sesións de traballo.

10 de marzo de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.