434 federacións autonómicas piden ao Goberno que retire a proposta de modificación da lei do deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A comisión que representa ás federacións deportivas autonómicas que están en contra da implantación da licenza única deportiva (COFEDEA) presentou hoxe no rexistro do Congreso dos Deputados unha carta dirixida ao Presidente do Goberno de España e asinada por 434 federacións autonómicas nas que se solicita que se retire a proposta de modificación da Lei do Deporte, no seu apartado referido á licenza única, actualmente en tramitación parlamentaria. Nestes momentos na COFEDEA está representado máis do 75% do deporte español, con 2.300.000 deportistas e máis de 40.000 clubs.

Os portavoces da COFEDEA tiveron unha sesión maratoniana de reunións no Congreso con todos os grupos políticos representados. O primeiro encontro foi co Partido Popular, con Miriam Blasco á cabeza. Os dirixentes populares manifestáronse dispostos a escoitar as peticións realizadas polas federacións. Ademais, indicáronlles que no día de onte asinaron un acordo con PNV no que se comprometen a “respectar as competencias das comunidades autónomas”. Este acordo é considerado polo PNV un “acordo de mínimos para comezar a negociar, é abrir unha porta ao diálogo”, segundo explicáronlles máis tarde no encontro que tiveron con este grupo, Esquerra Republicana, Nafarroa e o BNG. Ademais, tamén se reuniron co PSOE, quen manifestou o seu apoio á postura de COFEDEA e a súa intención de presentala como súa nas emendas á modificación da Lei do Deporte.

COFEDEA considerar que a implantación da licenza única é prexudicial para o deporte autonómico e por tanto, tamén para o español e iso estase vendo reflectido na enorme oposición que xurdiu en todo o estado contra esta medida.

En todos os informes xurídicos encargados por federacións ou unión de federacións sinálase que esta modificación non é legal xa que “invade as competencias estatutarias das comunidades autonómicas”, polo que parece clara que si esta reforma saíse adiante sería recorrida ante o Constitucional. Ademais, a comisión considera que esta modificación abrirá un conflito entre as federacións autonómicas e nacionais que agora mesmo non existe, xa que a Lei do Deporte do 90 foi aceptada por todos e aprobada polos principais grupos políticos.

Desde a reunión celebrada o pasado día 14 de febreiro en Madrid coa directora xeral de Deportes, Ana Muñoz, a comisión non estivo parada. Realizáronse reunións en diferentes autonomías para explicar os pasos que se están dando e buscar o maior número de apoios, e aos poucos a oposición á licenza única vai contando con maior número de federacións autonómicas. Agora mesmo a COFEDEA representa a máis do 75% do deporte español, 2.300.000 deportistas e máis de 40.000 clubs. E segue crecendo

13 de marzo de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.