37 alumnos do CPI Xulia Becerra coñecen o funcionamento do Concello de Ribadumia

Visita dos estudantes ao Concello de Ribadumia
37 alumnos de terceiro de primaria do CPI Xulia Becerra Malvar visitaron o Concello de Ribadumia como complemento aos contidos estudados na aula no referido á coñecemento do medio e máis concretamente no que afecta o Municipio.
A visita tivo unha duración de 1 hora, para non interferir en exceso na dinámica de traballo das distintas dependencias da casa consistorial.
A Alcaldesa, Salomé Peña, explicou brevemente o funcionamento municipal e iniciou unha visita guiada polos distintos departamentos onde persoal municipal responsable de cada área ofreceu unha breve explicación das súas funcións.
Por último mantiveron unha audiencia coa Alcaldesa sobre temas relacionados co municipio e cos servizos públicos que eles utilizan.
Dende a entidade local esperan que esta fora unha experiencia enriquecedora para os alumnos que participen e poñense a disposición dos mestres como un recurso formativo máis co obxectivo de facilitar a súa tarefa docente.











