366 castiñeiros poboarán o novo ‘Parque de los Nacimientos’ na Coruña

Plantación das árbores
O concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Salvador, e as concelleiras de Barrio, Carmen Hervada e Susana Pazo, participaron esta mañá, xunto a escolares de Aspronaga e dos centros de educación Infantil e Primaria Fernández Latorre e María Pita, na plantación dos 366 castiñeiros que formarán o ‘Parque de los Nacimientos’, unha iniciativa que pretende crear un bosque en pleno Parque de Eirís en homenaxe a cada neno ou nena nado e empadroado na cidade.
“Será un bosque no que cada árbore que se plante celebrará os nacementos na Coruña. Así, cada nena e neno que naza na cidade quedará para sempre vinculado a un castiñeiro que pasará a formar parte da súa familia, manteralle en permanente contacto coa natureza e será testemuña do seu crecemento e aprendizaxe ao longo dos anos”, destacou o concelleiro, quen explicou que o espazo ocupará unha superficie de 40.000 metros cadrados e nel plantaranse 366 castiñeiros de entre 30 – 40 centímetros de perímetro e 5 – 7 metros de altura.
Enrique Salvador explicou que cada castiñeiro representará un día do ano e estará dedicado a cada un dos nenos que nazan ese día. “Cada neno recibirá un pasaporte no que se identificará á árbore dedicada e tamén, a través dunha foto, quedará rexistrado o menor e a súa familia”, destacou o concelleiro, quen explicou que cada castiñeiro, identificado por coordenadas, corresponderá a un día do ano.
Así, a cada novos pais entregaráselles un exemplar personalizado cos datos do recentemente nado e o seu “irmán” árbore correpondiente. O pasaporte, que terá unha aparencia similar á dun Libro de Familia, conterá textos didácticos sobre as árbores, o castiñeiro, o seu froito e as tradicións e festas da cultura galega relacionadas con esta especie arbórea e páxinas en branco para escribir anécdotas ou engadir fotografías.
O concelleiro destacou que na elección da especie arbórea tivéronse en conta diversos aspectos relacionados coa tradición: “O castiñeiro chegou á terra fai 40 millóns de anos. É unha árbore robusto, frondoso e dunha bellaza extraordinaria. En Galicia sempre estivo moi ligado á nosa cultura e o seu froito, a castaña, formou parte da nosa alimentación cotiá. Ademais, recoller castañas en familia é tradicional na nosa comunidade así que nos pareceu a mellor opción”, explicou.
Enrique Salvador, lembrou que o proxecto se inclúe dentro das actividades de concienciación que a Concellaría pon en marcha cada ano e que se dirixen, sobre todo, a escolares da cidade. “Co paso dos anos, o parque será un escenario ideal para a realización de xornadas familiares como recollida didáctica de castañas, recollida de cogomelos, colocación didáctica de caixas niño ou a celebración de festas familiares como o magosto ou o samahín”, explicou.
“Esta iniciativa -concluíu-, constitúe un claro exemplo do concepto de desenvolvemento sustentable, é dicir, preservar e gozar dos nosos valores naturais, sen comprometelos para as futuras xeracións. Aquí conflúen 2 xeracións, o presente coa que queremos ejemplificar con accións que imiten os nosos fillos, e a futura, os recentemente nacidos da cidade, que crecerán co símbolo -a árbore- do que debemos coidar e preservar para que a nosa cidade sexa, cada vez, máis amable e con mellor calidade de vida”.











