150 asociados da Asociación Galega de Hemofilia reúnense en Lugo na XXI Asemblea
A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) celebra o domingo, 23 de marzo, ás 11:30 horas no Gran Hotel de Lugo, a XXI Asemblea Xeral, na que participarán máis de 150 persoas con hemofilia ou con algunha outra coagulopatía conxénita da comunidade.
Durante a asemblea, que contará coa presenza do Deputado Provincial de Cultura de Lugo, Mario Outeiro Iglesias, ademais de repasar a xestión e resultados xerais daasociación durante o ano 2013, lembraranse os resultados acadados tras 25 anos de traballo como Asociación Galega (anteriormente, durante 10 anostraballou como unha delegación en Galicia da Asociación Española de Hemofilia).
Durante o acto de clausura da asemblea, que está programado para as 13:30 horas, o Presidente de Agadhemo, David Silva, vai estar acompañado polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Subdirectora Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade do Sergas, Mercedes Carreras Viñas, a Concelleira de Benestar e Igualdade do concello de Lugo, Ana González Abelleira, a Voceira deSanidade do PSdeGno Parlamento, María Carmen Acuña do Campo, e o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.
A continuación, tralo remate da asemblea, celebrarase un acto polo 25 aniversario desta entidade que aglutina en Galicia ao 95% das persoas con hemofilia. Neste acto repasarase o labor da entidade dende que iniciou e recoñecerase ás persoas socias fundadoras e voluntarias.
Máis de 500 persoas galegas con hemofilia
En Galicia, máis de 500 persoas teñen hemofilia ou algunha outra coagulopatía conxénita e dependen dun tratamento adecuado que minimice o risco infeccioso, e que evite contaxios como os sufridos no pasado con resultados mortais para algúns enfermos.
A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo)nace o 6 de xuño de1988 e atópase integrada dentro a Federación Española de Hemofilia,constituída no mes de outubro do mesmo ano. A día de hoxe, o colectivo representa a práctica totalidade dos enfermos de hemofilia que hai en Galicia.











