Zafarrancho no ámbito de San Antoniño
A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas rúas San Antonio no seu primeiro tramo entre Perfecto Feijoo e José Millán, e as rúas Isidoro Millán e Altamira.
A limpeza realizarase na madrugada do xoves. Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.
A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.











