XXI Bienal arte no Morrazo Concello de Cangas-Frígoríficos do Morrazo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Presentación da bienal

Presentación da bienal

Este medio día o salón de plenos do concello acolleu a presentación da XXI edición de “Arte no Morrazo Concello de Cangas-Frigoríficos do Morrazo”  que como novidade establece a súa celebración bienal.

O acto estivo presidido polo concelleiro de cultura José Luis Gestido, o decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo Juan Carlos Meana, o artista Camilo Camaño e a representante de Frigoríficos do Morrazo Sonia Barreiro.

Esta XXI edición de Arte no Morrazo ten como principal novidade a súa celebración bienal, que como afirmou  Camilo Camaño se debe “por unha banda a cuestións económicas pero sobretodo á intención de darlle un cambio de torca, un xiro á organización e aos contidos”.

Entre as novidades destacan que nesta ocasión a inscrición poderá facerse de forma interactiva. Os participantes deberán envíar aos enderezos arte@cangas.org ou auditorio@cangas.org un dossier no que se inclúa o seu currícolo e  5 fotografías de obras incluíndo a imaxe da que se vai presentar a concurso.

Poderán participar todos os artistas nacionais ou extranxeiros, cunha única obra na categoría de pintura ou escultura.

Entre todas as obras presentadas escolleránse 50, que deberán realizar a entrega física da obra e  que pasarán a formar parte da exposición que se celebrará no Auditorio Municipal de Cangas entre os días 6 de xuño e 18 de xullo.  

De esas obras sairán os tres premiados, con 3,000 euros cada un e o premio especial dunha beca para cursar un Post Grao Master en Belas Artes na Universidade de Vigo.

En total, o Concello de Cangas e Frigoríficos do Morrazo aportarán 12.000 euros en premios ao igual que nas últimas edicións do certame.

Camilo Caamaño quixo resaltar a importancia dese certame artístico tanto a nivel nacional como internacional posto que en tódalas edicións participan importantes artistas de moitas partes do globo. Pola súa parte, a representante de Frigoríficos do Morrazo aproveitou a ocasión para manifestar que a entidade á que representa sempre colabrarará con este tipo de iniciativas culturais e felicitou a todos os participantes pola súa valentía “á hora de crear arte e comportilo cos demais”.

Juan Carlos Meana resaltou o feito de que este certame artístico sexa unha “importante plataforma para promover a formación dos artistas” sobre todo grazas ao premio beca.

Finalmente o concelleiro de cultura agradeceu a Frigoríficos do Morrazo e á Universidade de Vigo a súa colaboración e  sinalou que o Concello de Cangas dende a Concellería de Cultura sempre apoiará a arte. Así mesmo, anima a todos os artistas a participar nesta XXI edición de “Arte no Morrazo”.

1 de febreiro de 2014 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.