publicidade hoxe

Xove dá a coñecer o programa de actividades para o Antroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Estas actividades comezarán o dias 26 e 27 de febreiro cun OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE GORROS E PERRUCAS DE ANTROIDO, que se vai celebrar  na OMIX de Xove para nenos/as a partires de 8 anos.

Xa o venres 28, as 11:00 horas, os nenos/as da Escola Infantil de Xove realizarán un DESFILE DE ANTROIDO polas rúas de Xove, e posteriormente disfrutarán dunha FESTA DE ANTROIDO a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Estas actividades están organizadas e coordinadas pola Concellería de Servizos Sociais.

Continuando coas actividades previstas do Concello, a Concellería de Cultura preparou un amplo Programa para o día central do antroido en Xove, que se vai desenvolver o sábado 1 de marzo durante unha boa parte deste día. O Programa é o seguinte:

-16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo da CHARANGA “ATURUXO” de Ribado.

-17:00 horas.- DESFILE DE ANTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nunha nota a continuación.

-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES con DJ TAPI-DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categoría infantil individual e dos gañadores do Concurso de Caretas de Antroido da Biblioteca Municipal.

-22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa ORQUESTA “GARIBALDI” no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos premios do Desfile de Antroido.

A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2014” EN XOVE

O Concello de Xove,  a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2014, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 1 DE MARZOA PARTIRES DAS 5 DA TARDE.

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:00 a 15:00 horas –os luns de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas-) ata o venres 28 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.

-O mesmo día do desfile (1 DE MARZO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 1 de marzo) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

Carrozas.

1º premio: 450 euros

2º premio: 250 euros

3º premio: 150 euros

3º premio: 150 euros

Comparsas e grupos de dez persoas ou máis

1º premio: 250 euros

2º premio: 200 euros

3º premio: 125 euros

3º premio: 125 euros

Grupos de 3 a 9 persoas

1º premio: 110 euros

2º premio: 80 euros

3º premio: 50 euros

3º premio: 50 euros

Parellas

1º premio: 60 euros

2º premio: 50 euros

3º premio: 40 euros

3º premio: 40 euros

INDIVIDUAIS

Individuais adultos

1º premio: 50 euros

2º premio: 40 euros

3º premio: 30 euros

3º premio: 30 euros

Individuais infantil (nenos)

1º premio: 40 euros

2º premio: 30 euros

3º premio: 20 euros

3º premio: 20 euros

Individuais infantil (nenas)

1º premio: 40 euros

2º premio: 30 euros

3º premio: 20 euros

3º premio: 20 euros

Amáis deste premios, como novidade para a edición deste ano, o Concello estableceu catro premios máis:

-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.

-Premio ao participante máis maior: 30 euros.

-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.

-Premio ao  participante máis novo, que  recibirá un agasallo.

19 de febreiro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.